Actividades de representación Actividades de Fomento del Cooperativismo Prestación de Servicios
Triptico da Unión Diptico da Unión Manual Básico de Cooperativismo Carpeta de Formularios Tipo Adaptación de estatutos


A COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO COMO ALTERNATIVA DE EMPREGO

¿NON TES TRABALLO?

Unha solución é crea-lo teu posto de traballo. En grupo será máis doado.

¿PORQUÉ NON CREAR UNHA COOPERATIVA?

Unha Cooperativa de Traballo Asociado é unha empresa de autoxestión, é dicir, é propiedade dos seus socios traballadores.

Na cooperativa o máis importante son os socios e non o capital.

Trabállase en equipo e cada persona ten un voto na Asemblea Xeral, que é o órgano de decisión máis importante.

É unha empresa de Económia Social, polo que os seus fins son tanto económicos - ser rentable e proporcionar emprego ós seus membros - como sociais - fomenta-la igualdade de sexo, raza o creenza, intercooperar co entorno, protexe-lo medio ambiente, etc-.

Por ser unha empresa de Economía Social, as cooperativas teñen máis axudas e vantaxes que outras empresas.

¿QUÉ PODE OFRECER UNHA COOPERATIVA?

Acadar un posto de traballo que sos non teríades.

Participar na toma de decisións sobre o traballo e controla-lo voso futuro laboral.

A autoxestión faravos máis creativos e daravos a posibilidade de leva-las vosas ideas á práctica.

O traballo en equipo permitirá rendabilizar mellor o esforzo.

¿QUÉ VAI ESIXIR?

A cooperativa, como calquer outra empresa, obrigaravos a traballar seriamente.

A participación na toma de decisións obrigaravos a:

- estar informados.
- reflexionar na toma de decisións.
- expresa-la vosa opinión e respeta-la dos demaís.
- respeta-las decisións adoptadas democráticamente.

Formarvos en todo aquelo que favoreza a boa marcha da cooperativa.