Actividades de representación Actividades de Fomento del Cooperativismo Prestación de Servicios
Triptico da Unión Diptico da Unión Manual Básico de Cooperativismo Carpeta de Formularios Tipo Adaptación de estatutos


As actividades de fomento do cooperativismo céntranse, fundamentalmente, en:

- Servicio de información e atención ó usuario.

Información ou formación xeral destinada a persoas que, por motivos distintos ós de creación dunha cooperativa, por exemplo como parte dun traballo escolar ou dunha investigación, ou por intereses persoais, nos chaman ou se achegan á nosa sede.


- Servicio de documentación.

A Unión ten, a disposición das cooperativas asociadas, libros, revistas e calquer outra documentación que se atope na sede da organización, para a súa consulta ou préstamo temporal. Este fondo documental está aberto á consulta de calquer persoa interesada.

- Realización de charlas e ponencias.

Incluimos neste apartado as ponencias en Xornadas, Encontros, Congresos, etc. sobre cooperativismo ou economía social, organizadas por distintas entidades e nas que participa algún membro do Consello Rector ou do equipo técnico da Unión.

- Información e formación específica sobre cooperativismo de traballo asociado.

Dirixida a persoas cun proxecto, máis ou menos elaborado, de empresa cooperativa. Neste caso os contidos son moito máis concretos ou incluen cuestións prácticas como trámites de constitución, elaboración de Estatutos, realización de asembleas, etc. Estas accións realízanse tanto na sede da Unión como fora dela, xa que cando se trata dun grupo numeroso de persoas é máis doado o noso desprazamento e garantir a presencia de todas elas. De xeito complementario prográmanse contactos ou visitas a cooperativas co obxecto de coñecer algún caso práctico.

- Realización de Xornadas técnicas.

A celebración de xornadas técnicas é algo ó que damos moita importancia por dúas razóns, por un lado a promoción e difusión do cooperativismo, mediante a publicidade que se lle da a súa realización, e por outro, a formación dos asistentes ás mesmas.

As xornadas son ademáis un punto de encontro e de intercambio de experiencias e ideas, tamén importante. No ámbito empresarial é máis frecuente o enfrontamento e a competencia ca colaboración e esa é outra das tarefas fundamentais da Unión, traballar pola intercooperación e fomenta-lo coñecemento entre cooperativas.

Dende UGACOTA realízase unha tarefa constante de formación cooperativa e, entre outras cousas, detéctase a similitude de problemáticas e o interese de plantexar estas cuestións de forma conxunta mediante encontros, intercambio de experiencias, de plantexamentos, etc.

- Elaboración de documentación.

Esta é unha actividade na que se está a traballar nos últimos anos, xa que coidamos imprescindible a existencia de información escrita, de maior permanencia e difusión ca oral. Os materiais teñen distinto formato dependendo do seu obxectivo e utilidade. A documentación que creamos, ata este momento, é:

  • Tríptico da Unión, é un folleto divulgativo que ten por obxecto dar a coñecer-la Unión de cooperativas, a súa existencia e as súas actividades e co que se persegue fomenta-la asociación de cooperativas. É, polo tanto, un folleto divulgativo da nosa entidade.

    Díptico “Alternativa de emprego”, destinado a presentar como tal a cooperativa de traballo asociado, de maneira clara e sinxela, e as cuestións máis fundamentais que a identifican.

  • Manual básico de cooperativismo, destinado a aquelas personas que necesitan unha información máis completa e enfocada á realización dun proxecto cooperativo. É de utilidade tamén para tódalas cooperativas en activo porque recolle o texto da lei de cooperativas en vigor e un resume das cuestións máis esenciais da mesma.

  • Carpeta de formularios tipo, que recolle unha relación de quince situacións habituais na cooperativa, de obrigada documentación, cunha pequena explicación legal e unha proposta de documento a utilizar na súa xestión.

  • Modelo de Estatutos para Cooperativas de Traballo Asociado.

  • Guia de adaptación de estatutos á lei 5/1998 de Cooperativas de Galicia.