Quen somos.

Unión de Cooperativas de Traballo Asociado (UGACOTA)

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado UGACOTA é unha entidade sen ánimo de lucro formada por cooperativas de traballo asociado que realizan distintas actividades, creada coa finalidade de:
- atende-las necesidades das empresas asociadas,
- representa-lo movemento cooperativo de traballo asociado a nivel autonómico, estatal, comunitario e internacional,
- promover nas nosas empresas e na sociedade en xeral, os valores propios da cultura solidaria que inspira os principios cooperativos: xestión democrática, propiedade colectiva, autonomía e independencia, intercooperación, formación permanente e interese polo desenvolvemento sostido da sociedade.

Dende a Unión e dende as cooperativas asociadas, deféndese o autoemprego colectivo como forma de traballo, tanto polas dificultades de creación de emprego que ten o mercado laboral como polas vantaxes e valores que presenta a empresa cooperativa como organización igualitaria e participativa.