|
As actividades de representación e defensa dos intereses das cooperativas de traballo asociado
realízanse ante ou estando presentes en diversos organismos públicos e privados de distinto ámbito.
A Unión considera de interese manter contactos con diversas entidades, tanto públicas como privadas:
- Administración autonómica, con representantes e/ou responsables en temas de cooperativismo, intercooperación e fomento do emprego, pola nosa tipoloxía de traballo asociado.
- Institucións públicas: IGAPE, Sociedade Galega de Comarcalización, Servicio Galego de
Igualdade, etc.
- Administración local: Axencias de Desenvolvemento Local, Servicios Sociais, Servicios municipais de formación e fomento de emprego, Escolas-obradoiro, etc.
- Entidades privadas tanto de ámbito cooperativo como fora de él.
A Unión é membro da Confederación Española de Cooperativas de Trabajo Asociado (COCETA), o que nos permite realizar actividades con Unións e Federacións do resto do estado e ter acceso e representación en organismos
estatais e internacionais.
As tarefas de representación realizaas o/a Presidente/a e/ou a Xerente mediante contactos personais cos representantes e/ou responsables de cada entidade. Asimesmo
asístese ás convocatorias que, para tratar diversas cuestións, nos chegan dende os propios organismos. |
 |