Actividades de representación Actividades de Fomento del Cooperativismo Prestación de Servicios
Triptico da Unión Diptico da Unión Manual Básico de Cooperativismo Carpeta de Formularios Tipo Adaptación de estatutos


No que respecta á prestación de servicios, véñense realizando de maneira permanente, os seguintes:

- Servicio de asesoría e xestión.
A Unión ofrece ás cooperativas asociadas un servicio de asesoría especializada nas cuestións propias das cooperativas:

- asesoría societaria: dilixencia de libros sociais, trámites de renovación de cargos, modificacións estatutarias, altas e baixas de socios/as, organización cooperativa, tramites societarios, etc.

- asesoría empresarial: tramitación de subvencións e axudas para a posta en marcha, creación de emprego, incorporación de socios, inversións, tramites de empresa, etc.

- xestión fiscal: impostos e tratamento fiscal específico.

- xestión laboral: realización e presentación de calquer trámite correspondente a cuestións laborais.

- xestión contable: realización da contabilidade da cooperativa, arquivo da documentación contable, redacción das contas anuais, legalización dos libros contables e depósito de contas, asesoramento na elaboración do informe de intervención e na preparación da asemblea xeral ordinaria.

- asesoría xurídica: atención de consultas sobre calquer aspecto da empresa, fundamentalmente de carácter laboral e societario.

- servicios sectoriais: creados co fin de atender unha demanda sectorial e garantir a calidade adecuada, evidentemente é necesaria a presencia na Unión dun grupo de cooperativas dun mesmo sector que fagan viable a existencia deste tipo de servicios.

- Servicio de formación.
A formación que se xestiona e se imparte vai dirixida sempre ós socios e socias de cooperativas de traballo asociado: 

- formación cooperativa: a Unión presta un servicio de formación e asesoramento cooperativo dirixido a tódalas cooperativas asociadas, organizado segundo a demanda das mesmas, ben mediante cursos de curta duración, ou ben charlas, reunións de traballo, asesoramento e/ou asistencia as súas reunións internas, etc.

- formación continua: a formación laboral realízase mediante financiación externa, tanto da administración pública como da Forcem. No segundo caso a programación realízase conxuntamente, a través de Coceta, co resto das súas organizacións confederadas.

O plan de formación continua ás empresas (Forcem) é un conxunto de accións formativas dirixidas ás cooperativas integradas na Unión con obxecto de mellora-la competencia e cualificación dos seus traballadores; tanto os plans sectoriais (dirixidos a empresas dun mesmo sector) como os específicos de economía social (dirixidos ás cooperativas en conxunto), solicitanse anualmente en base á detección de necesidades e ó compromiso de participación das cooperativas implicadas.
A formación ocupacional realizada pola administración pública xestionase directamente dende a Unión, xa sexa mediante cursos propios ou mediante cursos solicitados polas propias cooperativas.