Actividades de representación Actividades de Fomento del Cooperativismo Prestación de Servicios
Triptico da Unión Diptico da Unión Manual Básico de Cooperativismo Carpeta de Formularios Tipo Adaptación de estatutos


TRÍPTICO DA UNIÓN DE COOPERATIVAS DE TRABALLO ASOCIADO

¿QUÉ É UGACOTA?

Unha Unión de Cooperativas de Traballo Asociado, á que poden incorporarse todas aquelas que teñan o seu domicilio social en Galicia.

UGACOTA é unha asociación sen ánimo de lucro e plurisectorial.

¿CÁL É O SEU OBXECTO?

UGACOTA xurde ante a necesidade das Cooperativas de Traballo Asociado de crear un marco de referencia común e de dotarse dos servicios e instrumentos necesarios para o seu fortalecemento.

¿QUÉ OFRECE UGACOTA?

- Información e asesoramento cooperativa.

- Representación e defensa dos intereses comúns das cooperativas asociadas.

- Xestión de aspectos administrativos e empresariais.

- Asesoramento e xestión laboral, fiscal e contable.

- Formación cooperativa, empresarial e profesional.

- Promoción e desenvolvemento de servicios especializados.

- Charlas e xornadas de divulgación cooperativa.

- Fomento do cooperativismo e da cooperación.

¿CÓMO FUNCIONA UGACOTA?

O xeito de funcionar de UGACOTA é o mesmo có cunha cooperativa.

A Asamblea Xeral, composta polas cooperativas asociadas, elixe ó Consello Rector e os Interventores, e aproba os programas de traballo, o presuposto e as liñas de actuación.

O Consello Rector é o responsable de execución dos distintos programas e servicios da Unión. É un equipo técnico ocúpase da xestión cotiá de UGACOTA e de levar a cabo os programas e servicios.

¿PORQUÉ ASOCIARSE?

O mesmo que, como individuos, asociámonos en cooperativas para crear o noso propio traballo, seguindo os mesmos principios debemos de unirnos para defende-la existencia e importancia socioeconómia das nosas cooperativas.

Unirse, participar, soster unha organización que resposte as nosas necesidades e defenda os nosos intereses é unha postura responsable.

O cooperativismo é unha fórmula de progreso social que só depende dos cooperativistas.